0S ALUMNOS DA UNED SENIOR CORUÑA XUNTO CON LUIS ÁNGEL RODRÍGUEZ PATIÑO (PÁRROCO DE XESTOSO) VISITARON A ESCOLA A TENENCIA EN REDES DE ARES.
A UNED SENIOR CORUÑA foi instruida da meritoria labor cultural e divulgativa da AGRUPACIÓN INSTRUCTIVA de CAAMOUCO a través dun dos seus fundadores, ERNESTO LÓPEZ NAVEIRAS, alma Mater da publicación de A TENENCIA,revista de historia local senlleira na cultura galega.
ARES EN CUBA: UNHA EMIGRACIÓN MARIÑEIRA
Este novo especial vai dedicado a difundir a corrente
migración dos pescadores e mariñeiros da ría de Ares asentados na illa de Cuba
desde mediados do século XIX. Os veciños de Redes, de Caamouco, da mesma vila
de Ares e tamén de Mugardos, Narón, Miño… dominaron neste tempo o sector da
pesca na badía da Habana e mesmo no golfo de México, traballando na frota
pesqueira e no transporte de mercadorías e pasaxeiros, nos estaleiros ou en
empresas subsidiarias do naval. Todos eles viviron e prosperaron co seu duro
traballo no mar; os de maior éxito chegaron a ser propietarios de barcos ou a
fundar empresas como a Compañía Cubana de Pesca y Navegación, S. A., que chegou
a ser unha das máis importantes do sector na primeira metade do século XX.
Estes emigrantes, con maior ou menor éxito, non esqueceron as necesidades da súa terra. Foron pioneiros na creación de asociacións de ámbito local en Cuba, coa fundación en 1904 da Alianza Aresana de Instrucción, que tiña como obxectivo principal fundar escolas no seu concello de orixe e contribuír ás necesidades dos seus paisanos. Pódense ver algúns dos seus logros na web As Escolas da Emigración do Consello da Cultura Galega.
A súa memoria tamén a percibimos nas rúas das vilas e aldeas da comarca nas casas indianas construídas polos emigrantes retornados, algunhas das cales podemos admirar no especial do CCG Ares Indiano feito en colaboración co Concello de Ares. Con este nome celébrase alí unha festa cultural e lúdica, e xa van cinco edicións, que pretende poñer en valor e gozar do legado histórico dos emigrantes desta vila mariñeira.
Comentarios
Publicar un comentario